Аннотация:O pensador español don Miguel de Unamuno “non camiñou só” cando foi desterrado pola Ditadura de Primo de Rivera desde Salamanca a Fuerteventura (Illas Canarias), en febreiro de 1924. Personaxes procedentes de Galicia, ao carón de figuras vinculadas á masonería, facilitaron a súa acolleita na illa do vento. O filósofo bilbaíno recorreu ao cirurxián lucense José Goyanes Capdevila para conectar coa poderosa familia Castañeyra, tamén orixinaria de Lugo, que lle serviría de anfitrioa durante o seu illamento forzoso. A presente investigación revela datos descoñecidos da súa accidentada viaxe ata o arquipélago e os catro meses de confinamento, que compartiu con Rodrigo Soriano, o político federalista radical, igualmente vasco.