Аннотация:
O obxectivo deste traballo é revisar as edicións dos textos medievais en prosa (literarios e documentais) e mais os dos chamados Séculos Escuros (XVI-XVIII) en Galicia. A produción escrita medieval foi moi grande, aínda que dos textos literarios subsistiron ata hoxe moi poucos, e todos eles foron obxecto de edición, con maior ou menor fortuna ecdótica. É diferente o caso dos milleiros de documentos notariais esparexidos por distintos arquivos galegos e españois: dos que están publicados, só unha pequena proporción está editada con criterios filolóxicos, con respecto ás súas características lingüísticas. Por último, a heteroxeneidade, dificultade de recolleita e o menor valor literario dos textos do galego medio comportou que en parte estean editados deficientemente, aínda que nos últimos anos vaise progresando nese labor. En todos estes procesos o Instituto da Lingua Galega (ILG - Universidade de Santiago de Compostela) tivo un papel fundamental, tanto nas edicións filolóxicas dos textos editados coma nos proxectos en marcha.